Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Traballos tutelados A11 B1 B4 B5 C2 C3 C7 C12 C13 A calificación do traballo tutelado representará un máximo dun 40% sobre a nota da asignatura, sempre e cando a calificación das probas obxectivas sexa superior a un 4, como se pode apreciar no apartado de Proba obxectiva.

A cualificación da presentación oral dos traballos tutelados, así como a participación na avaliación das presentacións do resto de alumnos, supoñerá un máximo dun 20 % da nota do traballo.
40
Proba obxectiva A11 B1 B4 B5 C2 C3 C7 C12 C13 A proba obxectiva da asignatura terá unha parte teórica e unha práctica.

Será necesario obter máis de 4 puntos na cualificación final da proba obxectiva para poder superar a asignatura.
60
 
Observacións avaliación

Nesta asignatura a non entrega do traballo tutelado non implica non poder presentarse ó exame final, máis se non se entrega terá unha calificación de 0 e o exame seguirá valendo o 60% da calificación final. Para superar a asignatura é preciso ter unha calificación final de 5.

Na segunda oportunidade ou na convocatoria adiantada o alumnado terá a oportunidade de volver a entregar o traballo tutelado se está suspenso suspensos así como a presentación oral do mesmo.

Dado que a asistencia ás clases non se evalúa dentro da asignatura, os requisitos que aqueles alumnos con dispensa de asistencia a clase terán que cumprir, tanto en primeira como en segunda oportunidade, serán os mesmos requisitos que aqueles sen esta dispensa, sendo necesaria a entrega en prazo do traballo tutelados e realización da presentación oral do mesmo de maneira presencial.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de evaluación, implicará directamente a cualificación de suspenso "0".


A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:

    Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático.
    Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos.