Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba mixta B12 C2 C7 Proba obxectiva escrita: dúas probas parciais.

Cada unha das probas constará dunha parte teórica (40%) e unha parte práctica (30%).

Exame escrito, constará de dúas partes:
1.- Cuestións (preguntas curtas e/ou tipo test).
2.- Resolución de problemas.

70
Sesión maxistral B12 C2 C7 Avaliación contínua: computará con ata un 10% da nota final.

Avaliarase a participación activa nas clases, etc.

Os estudantes a tempo parcial que dispoñan de “Dispensa Académica” teñen garantido que a non asistencia a clase non afecta o seu proceso de avaliación.
10
Traballos tutelados B12 C2 C7 Realización dun traballo sobre a temática da materia a elección do alumno que deberá ser presentado oralmente ante o conxunto da clase. Avaliarase a orixinalidade do tema elixido, a presentación e a defensa deste.

Os traballos documentais que se realicen nesta materia non será necesario entregalos impresos. Entregaranse en formato virtual ou soporte informático a través de Moodle ou en arquivo adxunto ao correo designado para o efecto polo profesor/a.

A "Dispensa Académica" non exime ao estudante a tempo parcial da participación en actividades obrigatorias presenciais enmarcadas na avaliación global da materia.

20
 
Observacións avaliación

Nota: 

O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica será avaliado en función das súas particularidades específicas (20% Aprendizaxe colaborativa_Traballos tutelados / 80% [(45% + 35%)] Proba mixta).

En 2ª oportunidade e en convocatorias extraordinarias os alumnos serán avaliados únicamente a través dunha proba mixta.

A realización fraudulenta das
probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de
“suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico,
tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na
segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de
primeira oportunidade, se fose necesario.