Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio B8 C2 C3 C7 A asistencia ás prácticas de laboratorio, así como a realización e entrega en data da memoria de prácticas, é imprescindible para superar a asignatura.

A cualificación da memoria das prácticas de laboratorio representará un máximo dun 10% sobre a nota da asignatura, a condición de que a cualificación das probas mixtas sexa superior a un 4, como se pode apreciar no apartado de proba mixta.

10
Proba mixta B8 C2 C3 C7 A cualificación máxima desta proba será dun 25 % da nota final do alumno.

Será necesario obter máis de 4 puntos sobre 10 na cualificación final da proba para poder superar a asignatura.
25
Presentación oral B8 C2 C3 C7 A cualificación da presentación oral dos traballos tutelados, así como a participación na avaliación das presentacións do resto de alumnos, suporá un máximo dun 10 % da nota final.

No caso de que esta presentación non se programe (o que se definirá ó comezo de curso e se publicará no Moodle da asignatura), a nota dos traballos tutelados incrementarase ata ó 65%.

Aqueles alumnos que non entreguen o traballo tutelado en plazo para a súa avaliación na convocatoria ordinaria, e non realicen a presentación oral, terán unha calificación de 0 puntos neste apartado.
10
Traballos tutelados B8 C2 C3 C7 A calificación do traballo tutelado representará un máximo dun 55% sobre a nota da asignatura, sempre e cando a calificación das probas mixtas sexa superior a un 4, como se pode apreciar no apartado de Proba mixta.

O desenvolvemento do traballo tutelado planificarase nunha serie de entregas; as datas destas entregas publicitaranse a principio de curso, nas clases presenciais e na plataforma Moodle da asignatura. Todos aqueles alumnos que non respeten estas datas de entrega, terán unha penalización dun 30 % da cualificación de cada entrega retrasada (ou na entrega derradeira se só se establece unha data de entrega). Esto é de aplicación tamén a aqueles alumnos que se presenten na convocatoria de segunda oportunidade ou na adiantada.
55
 
Observacións avaliación
En caso de que por calqueira motivo non se poidan realizar as prácticas de laboratorio, o 10% da calificación que lles corresponde sumaráse ó traballo tutelado.

Dado
que a asistencia ás clases non se evalúa dentro da asignatura, os
requisitos que aqueles alumnos con dispensa de asistencia a clase terán
que cumprir, tanto en primeira como en segunda oportunidade e convocatoria adiantada, serán os
mesmos requisitos que aqueles sen esta dispensa, con excepción de non
ser necesaria a realización da presentación oral do traballo tutelado,
nin a asistencia ás prácticas de laboratorio, nin a memoria destas
prácticas.



Con todo, na data do exame correspondente, estes alumnos deberán
realizar un exame de prácticas, cuxa cualificación corresponderase cun 10 %
do total, e deberán responder a unha serie de preguntas sobre o
traballo tutelado, que contabilizarán cun 10 % do total.

Aqueles alumnos que desexen presentarse á convocatoria adiantada, deberán cumprir os mesmos requisitos que os alumnos con dispensa académica, descritos anteriormente.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso 0 na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara á convocatoria extraordinaria.