Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Solución de problemas A5 B2 B3 B5 C2 C3 C7 Proba escrita 30
Proba obxectiva A5 B2 B3 B5 C2 C3 C7 Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc. É de aplicación tanto para a avaliación diagnóstica, formativa como sumativa. 70
 
Observacións avaliación

Criterios de avaliación para 1ª oportunidade:

- Proba obxectiva: É unha proba escrita con consulta de 210 minutos de duración. Con esta proba avaliarase o 70% da nota final.

- Problemas resoltos: Ao longo do curso, aos alumnos asignaránselles tarefas para realizar e entregar nun prazo determinado. Estas tarefas consistirán na resolución de problemas propostos e con elas avaliaráselles o 30% da nota final. Estas tarefas non son obrigatorias, se non se avalían, poderase aprobar a materia se a nota obtida na proba escrita é igual ou superior ao 71,4%.

Criterios de avaliación para 2ª oportunidade, convocatorias extraordinarias e dispensa académica:

- Os criterios de avaliación para 2ª oportunidade e convocatorias extraordinarias serán os mesmos que para a 1ª oportunidade.

- Para os alumnos de dispensa académica a avaliación consiste unicamente na proba escrita.

Tódolos aspectos relacionados co fraude académico regiranse acorde ca normativa académica da UDC.