Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Presentación oral B1 B5 B15 B14 B6 C7 C9 C11 A presentación oral do traballo/traballos teóricos, a presentación escrita dos mesmos e a participación activa nas presentacións dos compañeiros teñen un peso importante na calificación final. 30
Traballos tutelados B2 B3 B4 B13 C1 C3 Propoñeranse varios traballos prácticos ó longo do curso centrados na aplicación de técnicas de aprendizaxe automática en problemas de enxeñaría. Estes traballos serán desenvolvidos de forma autónoma por parte do alumno fora das clases e terán que ser defendidos posteriormente. 60
Análise de fontes documentais B3 B5 B14 B6 C11 Realizarase unha reunión con cada grupo fóra das horas presenciais para facer unha avaliación da comprensión das fontes documentais, que serán proporcionadas os polos docentes previamente para a súa consulta e comprensión. Estas avaliacións realizaranse mediante pequenos informes e presentacións que permitan coñecer de maneira obxectiva o grao de análise realizada. 10
 
Observacións avaliación
Primeira oportunidade:

Para obter o aprobado na primeira oportunidade deberase superar unha valoración mínima de 50 sumando todas as metodoloxías anteriores, sendo necesario conseguir un mínimo de 30 nos Traballos Tutelados e de 20 na suma da Presentación Oral e a Análise de fontes documentais.

Segunda oportunidade:

No caso de que o estudante non supere a materia na primeira oportunidade, deberá repetir as actividades que sexan necesarias da/das metodogía/ s que non foron superadas na segundo convocatoria. Como exemplo, se aprobou a parte da Presentación oral + Análise de fontes documentais, pero suspendeu os Traballos tutelados, deberá repetir os traballos prácticos necesarios para alcanzar o aprobado, normalmente aquel/aqueles que individualmente non foron aprobados.

Na segunda oportunidade mantéñense os criterios de nota mínima establecidos na primeira convocatoria.

Oportunidade adiantada

Para esta oportunidade mantéñense os mesmos criterios que para a primeira, debendo o estudante concretar uns prazos de entrega cos profesores da materia.

Estudantes con matrícula a tempo parcial ou dispensa académica 

Poderán acumular o 15% da nota correspondente á Análise de fontes documentais na presentación oral nas dúas convocatorias. Esta modificación deberá solicitarse aos profesores da materia ao comezo do cuadrimestre. Así mesmo, en caso de non poder realizar a presentación oral co resto do alumnado, deberán concretar unha data alternativa cos profesores en todas as convocatorias.

Todos os aspectos normativos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académico” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC (https://www.udc.es/es/normativa/academica/)