Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Solución de problemas A3 A5 A6 B7 B12 B13 C2 Avaliación continua de todas as prácticas realizadas na aula de clase relacionadas coas sesións maxistrais. 30
Traballos tutelados A3 A5 A6 B1 B2 B4 B6 B11 B13 B14 C1 C2 C4 C8 Entrega dun traballo final consistente no deseño narrativo dun videoxogo. 70
 
Observacións avaliación
Para superar a materia é imprescindible ter aprobado o traballo tutelado
(mínimo 3,5 puntos) e ter entregadas un mínimo do 50% das prácticas
e exercicios realizados en clase.

Para a avaliación da materia é preciso ter
participado nas actividades avaliables: resolución de exercicios e problemas e traballo tutelado. No caso de non desenvolver algunha destas
actividades, a cualificación será a de "Non presentado".

Valórase a participación activa na clase.

Todos os aspectos normativos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.

Convocatoria de segunda oportunidade: no caso de que o/a alumno/a non teña entregado os elementos requiridos para superar con éxito a avaliación ordinaria, deberá entregalos en calquera das demais convocatorias. Se entregou os materiais requiridos pero estes teñen sido obxecto de correccións ou suxestións de mellora (que impediron superar a materia na convocatoria ordinaria), na seguinte convocatoria á que concorra deberá presentar ditos materiais coas melloras ou cambios que se lle comunicaron e/ou as ampliacións de contido requiridas pola docente da materia. 

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación suporá directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en toda as actividades de avaliación de cara á convocatoria extraordinaria.