Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba mixta A18 B1 B4 C4 Exame teórico 10
Obradoiro A18 A19 B2 B11 C2 C6 C8 Exercicios prácticos 40
Portafolios do alumno A19 B2 B5 B11 C2 C8 Traballo final 30
Proba práctica B1 C6 C8 Exame práctico 20
 
Observacións avaliación

A avaliación da materia consistirá nun exame práctico (20% da nota final), un exame teórico (10%), un traballo final (30%) e os exercicios prácticos (40%) realizados ao longo da materia.

Os resultados de aprendizaxe, as datas de entrega e os criterios de avaliación que se desenvolverán en cada proba notificaranse previamente en clase e publicaranse no Campus Virtual ao longo do cuadrimestre.

O alumnado que se atope en modalidades específicas de aprendizaxe e apoio á diversidade terá a obrigaciónde realizar todas as probas e entregalas nas datas sinaladas. As sesións expositivas, os talleres, as probas avaliables e o traballo final foron deseñados para abarcar o maior grao de inclusión posible. Se fose necesario e sempre baixo petición previa do alumnado; realizaranse as adaptacións necesarias para non prexudicar a cualificación do alumnado.

As sesións expositivas, os talleres,as probas avaliables e o traballo final foron deseñados para garantir a aprendizaxe autónoma non presencial; por tanto o alumnado que se atope en situación de dispensa académica terá a obrigación de realizar todas as probas e entregalas durante os períodos de tempo sinalados.

Os criterios de avaliación para asegunda oportunidade serán os mesmos.

Todos
os aspectos relacionados coa permanencia e o fraude académico rexeranse de
acordo coa normativa académica vixente da UDC.