Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Solución de problemas A14 A15 B2 B3 B6 B7 B8 B11 B12 B14 C2 C3 C4 C6 C8 O alumnado, en grupo ou de forma individual, elaborará prácticas diarias relacionadas con UX/UI e o deseño de interfaces (para distintos dispositivos) dun videoxogo. Estas prácticas entréganse ao final de cada sesión a través do campus virtual. 5
Traballos tutelados A14 A15 B2 B3 B6 B7 B8 B11 B12 B14 C2 C3 C4 C6 C8 O traballo tutelado, entendendo por tal a entrega final que deban facer os alumnos/as a través do Moodle, así como os traballos parciais feitos na aula (que serán entregados en cada sesión) constitúen o criterio fundamental de avaliación da materia, pois neles serán plasmados os coñecementos adquiridos ao longo das sesións maxistrais e do seminario. 95
 
Observacións avaliación

Para superar a materia é imprescindible ter aprobado o traballo tutelado (mínimo 5 puntos) e ter entregadas un mínimo do 50% das prácticas e exercicios de resolución de problemas. No caso de non entregar o traballo tutelado e/ou un mínimo do 50% dos exercicios e prácticas, a cualificación será a de "Non presentado"


Todos os aspectos normativos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.

Convocatoria de segunda oportunidade: no caso de que o/a alumno/a non teña entregado os elementos requiridos para superar con éxito a avaliación ordinaria, deberá entregalos en calquera das demais convocatorias. Se entregou os materiais requiridos pero estes teñen sido obxecto de correccións ou suxestións de mellora (que impediron superar a materia na convocatoria ordinaria), na seguinte convocatoria á que concorra deberá presentar ditos materiais coas melloras ou cambios que se lle comunicaron e/ou as ampliacións de contido requiridas pola docente da materia. 

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación suporá directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en toda as actividades de avaliación de cara á convocatoria extraordinaria.