Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Obradoiro A17 A37 B2 B8 B11 C2 C6 C8 Exercicios prácticos 25
Portafolios do alumno A37 B2 B5 B8 B11 C2 C5 C8 Traballo final 25
Proba mixta B1 B4 C4 Exame teórico 25
Proba práctica B1 B7 B8 C4 C6 Exame práctico 25
 
Observacións avaliación

A avaliación da materia consistirá nun exame práctico, un exame teórico, un traballo final (portfolio, showreel…) e os exercicios prácticos realizados ao longo da materia. Cada proba supón un 25% da nota total.

Para poder superar a materia o alumnado deberá asistir a todas as presentacións da convocatoria na que se presente. De non cumprilo, terá a cualificación de Non presentado.

As datas de entrega e a presentación dos traballos prácticos indicaranse previamente na aula e publicaranse en Moodle ao longo do cuadrimestre.

O alumnado que se atope en situación de dispensa académica deberá realizar os exames práctico e teórico e entregar o traballo final nas datas establecidas. Recoméndase que os exercicios semanais se vaian entregando nas datas solicitadas; podendo tamén entregalos todos xuntos o mesmo día da entrega do traballo final.

Todos os aspectos normativos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.

As condicións son iguais para todas as convocatorias e oportunidades para a súa avaliación.