Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais Lectura e comprensión dos documentos elaborados para a materia.
Traballos tutelados Traballo autónomo:
Estudo e desenvolvemento de competencias relacionadas coa materia mediante a elaboración de material ou propostas tratadas na sesión maxistral.

Seminarios:
Exposición de temas específicos relacionados coa materia e discusión dos mesmos.

Actividades que se poden realizar durante o período lectivo:
No caso dunha proposta do profesor, poderían realizarse unha serie de entregas seguindo as indicacións do profesor.
Investigación (Proxecto de investigación) Desenvolvemento e entrega dun traballo final de investigación relacionado cos contidos desenvolvidos na materia. Dependendo da dispoñibilidade, poderá ser proposto como traballo individual ou en grupo.
Eventos científicos e/ou divulgativos Segundo dispoñibilidade / Non confirmado:
------------------------------------------------
Eventos de carácter científico e/ou divulgativo.
Charlas ou clases convidadas impartidas por expertos ou por empresas colaboradoras relacionadas coas competencias de cada materia.
Visitas a instalacións industriais relacionadas coas competencias de cada materia.

Se esta bolsa de horas non se pode destinar ás prácticas, reutilizaranse na sesión maxistral e na resolución de problemas.
Proba obxectiva Responder preguntas ou resolver exercicios sen medios de consulta ou con medios de consulta restrinxidos, nun período de tempo determinado e limitado.