Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Metodoloxía da Investigación Científica | Código | 730547007 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Optativa | 3 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Traballos tutelados | B1 B7 B10 C1 C7 C9 | Realización das tarefas, en tempo e forma, establecidas na materia no marco desta metodoloxía. Para aprobar a materia é indispensable ter realizados e aprobados estes traballos. No marco dos "Traballos tutelados" incluiránse aspectos como asistencia a clase, traballo persoal, actitude, etc., para axudar á obtención do aprobado. | 40 |
Proba mixta | B3 C1 | Realización dos cuestionarios, en tempo e forma, establecidas na materia no marco desta metodoloxía. | 10 |
Presentación oral | B7 C4 | Poderíase incluir nalgún traballo tutelado e influiría na calificación final deste, pero non se puntúa o marxe da nota otorgado o traballo. | 0 |
Proba obxectiva | B3 B7 C4 | Exame tipo proba obxectiva. E necesario superar o 50% da puntuación na proba obxetiva para superar a materia | 50 |
Observacións avaliación | |||
De cara a segunda oportunidade e a convocatoria extraordinaria, poderán reentregrase aqueles traballos tutelados non presentados durante o curso, en nengún caso é posible reentregar os traballos para acadar mellor nota. Se o traballo require presentación oral, fárase o mesmo día do exame. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario. No caso de solicitar a dispensa académica, non se terá en conta a asistencia a clase na avaliación. Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir co obxectivo da acción número 5: “Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social” do "Plan de Acción Green Campus Ferrol": 1.- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia: 1.1. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático 1.2. Realizarase a través do Campus Virtual, en formato dixital sen necesidade de imprimilos 1.3. De se realizar en papel: - Non se empregarán plásticos. - Realizaranse impresións a dobre cara. - Empregarase papel reciclado. - Evitarase a impresión de borradores. |