Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Aprendizaxe colaborativa A1 A2 A5 A13 A15 A16 B9 B11 B12 B13 B16 B17 B18 C2 C4 C5 Aprendizaxe baseada en proxectos, cooperativo e colaborativo, os alumnos deberán defender os traballos propostos, mostrando a súa capacidade de comunicación de maneira fluída, expoñer claramente as solucións adoptadas e ser capaces de defendelas de opinións contrarias. 50
Traballos tutelados B9 B11 B12 B13 B18 Avaliación dos traballos e proxectos academicamente dirixidos e aceptados polo profesor a proposta dos alumnos 20
Proba práctica A1 A2 A5 A13 A15 A16 B9 B11 B12 B13 B16 B17 B18 C2 Consiste na resolución de diferentes propostas por parte do profesor ou o alumno, onde deberá demostrar as súas habilidades, competencias e coñecementos adquiridos. 30
 
Observacións avaliación
Os alumnos deberán elaborar e defender ao longo do curso os seus traballos propostos e aceptados polo profesor e nas convocatorias oficiais realizar as probas prácticas. 
A materia non pode superarse unicamente  coa proba práctica, en ningún caso.

Recoméndase un seguimento  constante da materia a través da plataforma Teams e Moodle, para que sexa posible  a consecución dos obxectivos.

- Os criterios de avaliación serán os mesmos para a 1ª e 2ª oportunidade e as convocatorias extraordinarias. As probas similares.

-As probas prácticas consistirán na resolución dun cuestionario posto en moodle, o alumno realizarao conectado á plataforma TEAMS coa cámara conectada en todo momento enfocando ao escritorio, o tempo de realización da proba está limitado.

- A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta prodúcese na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.