Metodoloxías Descrición
Prácticas de laboratorio Desenvolvemento de sesións prácticas nas que se apliquen coñecementos adquiridos nas sesións maxistrais.
A realización das prácticas é obrigatoria.
Proba obxectiva Proba de avaliación sobre os contidos teóricos e prácticos vistos ao longo do desenvolvemento da materia.
Traballos tutelados Realización de polo menos un traballo relacionado coa materia. Pode abarcar actividades teóricas ou prácticas.
Sesión maxistral Exposición oral de conceptos básicos para a comprensión da materia abarcando o temario descrito no paso 3 desta guía docente.