Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A2 A20 Valorarase a comprensión do traballo de laboratorio e o informe presentado do mesmo e outros traballos afíns propostos. 25
Proba obxectiva A2 A9 A17 A20 A23 Realizarase unha proba obxectiva nas convocatorias oficiais. A proba poderá incluír preguntas sobre os contidos teóricos da materia así como exercicios ou problemas relacionados cos contidos. 50
Traballos tutelados A2 A9 A17 A20 A23 Cualificarase o/os traballo/s entregado/s. Valorarase que os estudantes integrasen os coñecementos impartidos e que sexan capaces de aplicar estes. 25
 
Observacións avaliación

Condicións para superar a materia:

Obter unha cualificación mínima de 2 sobre 5 na proba obxectiva.

Obter unha cualificación mínima de 1 sobre 2.5 tanto nas prácticas de laboratorio como nos traballos tutelados.

Realizar as prácticas de laboratorio e entregar todos os traballos propostos nas mesmas.

Os criterios de avaliación da segunda oportunidade e convocatoria adiantada son os mesmos que os da primeira oportunidade.

Os/as alumnos/as con cualificacións de "non presentado" son aqueles/as que non se presentaron ás probas obxectivas.

Todos os aspectos relacionados con dispensa académica, dedicación ó estudo, permanencia e fraude académico rexeránse dacordo coa normativa académica vixente na UDC.

A realización fraudulenta das probas ou outras actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria na cométase a falta e respecto da materia na que se cometeu: o/a estudante será cualificado con "suspenso" (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta prodúcese na primeira oportunidade como na segunda. Para iso, procederase a modificar a súa cualificación na acta da primeira oportunidade, se fose necesario. O profesorado poderá realizar os trámites que considere oportunos en caso de sospeita de fraude.