Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral As sesións maxistrais realizaránse na aula, mediante medios audiovisuais (presentacións, vídeos, etc..). A duración destas clases será de 2 h semanais con todo o grupo de alumnado. O estudantado tomará apuntes dos conceptos fundamentais explicados na aula. Ademáis proporcionarase ao estudantado ferramentas tales coma resumos ou esquemas, aos que poderá acceder mediante o Campus Virtual.
Aprendizaxe servizo Metodoloxía que combina o servizo á comunidade coa aprendizaxe nun só proxecto, no que o alumnnado se forma traballando en necesidades reais do seu entorno coa fin de melloralo.
Plantexarase ao estudantado matriculado na materia a posibilidade de participar nunha actividade aprendizaxe-servizo con alguna entidade colaboradora e de non ser posible farase unha actividade con impacto na sociedade.
Prácticas de laboratorio O estudantado terá que aprender a desenvolver catro experimentos no Laboratorio de Plásticos do CITENI relacionados cos diferentes bloques temáticos da asignatura. A duración de cada unha destas prácticas e de 2 h de clase.
O estudantado traballará en grupos pequenos (dous ou tres estudantes por equipo). Ó final de cada sesión cada equipo entregará unha memoria co resumo da práctica. Esta memoria formará parte da avaliación continua do estudante.

Lecturas Para favorecer o traballo autónomo do alumnado plantexaranse unha serie de lecturas que o alumando deberá leer antes da clase maxistral. Con relación a estas lecturas organizaráse alomenps un seminario impartido por unha persoa profesional da industria téxtil.
Investigación (Proxecto de investigación) En ocasións e coincidindo co remate dalgún bloque temático ou dunha clase teórica plantexarase unha simulación dun caso da industria textil que favoreza a aplicación do estudado na aula nun contexto que simule a realidade. O alumnado terá que investigar sobre a simulación plantexada e aportar solucións. Intentarase que estas actividades favorezan o debate entre o alumnado.
Proba obxectiva Realizarase unha proba final onde se avaliarán os coñecementos adquiridos durante o curso. Esta proba será tipo test.