Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A1 A15 A22 A23 Avaliarase a asistencia ás sesións de laboratorio, o interese e o traballo desenvolvido no laboratorio e a memoria entregada despois de cada sesión. 10
Proba obxectiva A1 A2 A12 A14 A15 Tratarase dunha proba tipo test na que se avaliarán os coñecementos do alumnado (duas oportunidades xuño e xullo). A proba obxetiva puntuará un máximo de 5 puntos (sobre 10). Necesitase acadar un mínimo de puntuación dun 4 (sobre 10) nesta proba para poder sumar o resto das notas da avaliación continua (prácticas de laboratorio, traballos tutelados e simulación). 50
Investigación (Proxecto de investigación) A1 A2 A12 A14 A15 A20 A21 A22 A23 Avaliarase a investigación realizada, a solución aportada e a defensa da mesma na aula. 10
Aprendizaxe servizo A1 A2 A20 A21 Avaliarase o traballo presentado e a presentación realizada ben na entidade ben onde corresponda en funciòn do traballo de aprendizaje-servicio desenvolvido. 30
 
Observacións avaliación

As situacións especiais das/dos estudantes que con
recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de
asistencia ou por outros motivos debidamente xustificados, non poidan cursar a
materia de maneira presencial, deben ser comunicadas á profesora ao inicio do
cuadrimestre e xustificalas adecuadamente. A profesora dará as instruccións
oportunas para que o/a estudante siga a materia sen problemas, sustituíndo
aquelas metodoloxías presenciais por traballos individuais ou outras tarefas
coa mesma puntuación. A realización fraudulenta das probas ou actividades de
avaliación , unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de
suspenso "0" na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da
materia en que se cometese: o /a estudante será cualificado con
"suspenso" (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso
académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeria oportunidade
como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta
da primeira oportunidade, se fose necesario.

 En xeral todos os aspectos relacionados con “dispensa
académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académico”
rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.

Os criterios de avaliación son idénticos nas dúas
oportunidades (xaneiro e xullo).