Metodoloxías
Seminario
Sesión maxistral
Prácticas a través de TIC
Traballos tutelados
Descrición
A atención personalizada nas prácticas a través de TIC é clave para asegurar que cada estudante comprenda e manexe adecuadamente as ferramentas tecnolóxicas utilizadas no deseño téxtil. Durante estas sesións, o/a docente supervisará activamente aos estudantes, proporcionando feedback e asistencia técnica en tempo real. Ademais, estableceranse momentos para consultas individuais, permitindo que cada estudante reciba orientación específica sobre problemas particulares relacionados co uso do software e a aplicación de técnicas dixitais.

Nos traballos tutelados, a atención personalizada permite aos estudantes recibir orientación específica e detallada nos seus proxectos, mellorando a calidade do traballo e fomentando a innovación. O/A docente realizará reunións periódicas con cada estudante ou grupo para revisar o progreso dos proxectos e proporcionar comentarios e suxestións de mellora. Estas reunións poden ser presenciais ou virtuais, asegurando que se establezan obxectivos claros e prazos para un seguimento eficaz.

A atención personalizada nos seminarios é fundamental para fomentar unha comprensión profunda dos temas tratados e promover a discusión interactiva. Durante os seminarios, o/a docente incentivará a participación activa e a discusión aberta, permitindo aos estudantes expor preguntas e debater temas de interese.

Nas sesións maxistrais, aínda que son expositivas, a atención personalizada é esencial para asegurar que os estudantes comprendan completamente os conceptos presentados. Ao final de cada sesión, reservarase un tempo para preguntas e respostas, onde os estudantes poden expor as súas dúbidas. Ademais, os estudantes dispoñerán de sesións de titoría fose do horario de clase para brindar atención individual e profundar nos temas tratados. Tamén se incentivará o uso do correo electrónico, o campus Virtual e a plataforma Microsoft Teams para consultas adicionais.