Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC A3 A4 A6 A13 Avaliación baseada en actividades prácticas utilizando ferramentas dixitais para deseño téxtil. 60
Traballos tutelados A1 A3 A4 A6 A13 A16 A24 Elaboración dun traballo tutelado e exposición oral do mesmo. 40
 
Observacións avaliación

As Prácticas a través de TIC representan o 60% da cualificación da materia, e avalían os contidos relacionados co deseño dixital de produtos téxtiles.

Os Traballos Tutelados representan o 40% da cualificación da materia, e avalían os contidos relacionados co desenvolvemento de produtos téxtiles.

Os criterios de avaliación para a segunda oportunidade serán os mesmos que os da primeira oportunidade, con excepción do alumnado que renuncie á avaliación continua. Neste caso, así coma na oportunidade adiantada e para o alumnado con dispensa académica, a cualificación final da materia resultará da cualificación dun traballo final e un conxunto de exercicios prácticos, que se entregarán no prazo establecido.

No caso de segunda matrícula ou sucesivas, non se conservarán eventuais partes superadas en cursos anteriores, debendo o estudante realizalas e superalas.

Todos os aspectos relacionados con dispensa académica, dedicación ao estudo, permanencia e fraude académico rexeranse dacordo coa normativa académica vixente da UDC.