Metodoloxías Descrición
Seminario Realizaranse diferentes actividades que requiran a participación activa do alumnado e, no seu caso, unha preparación previa por parte deste. Avaliarase a capacidade de análise e razoamento do alumnado, afondando nos contidos da materia, así como a asistencia e participación en conferencias de expertos cando sexa posible.
Traballos tutelados O alumnado realizará un traballo guiado polo profesorado para avaliar a asimilación dos conceptos estudados e a súa capacidade para presentalos de forma clara e ordenada.
Sesión maxistral Utilizarase un método expositivo co o fin de facilitar ao alumnado unha información adecuada sobre os coñecementos fundamentais relacionados cos diferentes temas.