Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Traballos tutelados A3 A4 A6 A8 A12 A17 A18 A22 A23 Avaliación continua para superar a materia o alumnado ten que ter aprobados todos os traballos propostos. 50
Solución de problemas A3 A4 A6 A8 A12 A17 A18 A22 A23 Avaliación continua proporanse na aula diversos traballos e probas relacionados cos temas do programa. 50
 
Observacións avaliación
1ª Convocatoria: seguirase a avaliación continua.  O alumnado que non siga a avaliación continua poderá optar a unha proba mixta que terá unha cualificación do 100%. 

2ª Convocatoria: a proba mixta terá unha cualificación do 100%. 

Convocatoria adiantada (decembro): a proba mixta terá unha cualificación do 100%. 

Os alumnos con dispensa académica e a tempo parcial as probas serán as mesmas que as establecidas para o resto dos alumnos. Na segunda oportunidade e adiantada de decembro deberán facer unha proba mixta cunha cualificación do 100%.

Todos os aspectos relacionados coa dedicación ao estudo, permanencia e fraude académica rexeranse coa normativa académica vixente da UDC.