Metodoloxías
Sesión maxistral
Solución de problemas
Traballos tutelados
Proba obxectiva
Saídas de campo
Prácticas de laboratorio
Descrición
Na atención personalizada tratarase de resolver dúbidas e cuestións puntuais que, normalmente, impídenlle ao alumnado o seguimento xeral da materia.

Realizarase un seguimento do traballo do estudante no laboratorio, tomarase en consideración as súas suxestións e prestaráselle axuda para aclarar as dúbidas.

Nas sesións de solución de problemas prestaráselles axuda para aclarar conceptos e resolver posibles dúbidas.

Na elaboración dos traballos tutelados facilitaráselles a asistencia que precisen para a súa preparación e exposición.

O/a estudante con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia será atendido en réxime de horas de titorías (previa cita).