Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Solución de problemas A1 A11 A14 A15 A21 Resolución de exercicios e actividades dirixidas. Os estudantes traballan individualmente ou en grupo, dúbidas e/o cuestións e dan conta do aprendido. 20
Traballos tutelados A14 A15 A21 Elaboración dun traballo tutelado e exposición oral do mesmo 15
Proba obxectiva A1 A11 A14 A15 A21 A22 Exame final de toda a materia dada, teoría e problemas 50
Saídas de campo A14 A21 Entrega da memoria sobre a/as visita/as 5
Prácticas de laboratorio A14 Realización, participación activa nas prácticas, entrega do informe. Capacidade para traballar de forma colaborativa 10
 
Observacións avaliación

A avaliación do alumnado a tempo
completo desta materia farase mediante a avaliación continua e a realización
dun exame final presencial, que só poderá realizar o alumno/a que participa nun
mínimo do 80% das actividades docentes presenciais de asistencia obrigatoria
(sesións de traballos tutelados, solución de problemas e prácticas de
laboratorio).

 Os alumnos/as (estudantes de tempo
completo e estudantes con dispensa académica) que obtiveron un xustificante de
non asistencia ás prácticas de laboratorio, realizarán un exame da/as
práctica/as suspensas o día da proba obxectiva da primeira convocatoria e/o
segunda convocatoria e/o convocatoria anticipada.

 Para aprobar a materia será obrigatorio
entregar un traballo (formato Word) e expoñelo (Power point ou formato similar)
no día establecido polo profesorado, publicado en Moodle ao comezo do curso
para todos os alumnos/as (alumnos/as de tempo completo e alumnos/as con
dispensa académica). A nota do traballo gardarase para todas as convocatorias
do curso (1ª, 2ª e anticipada) e para cursos posteriores para todos os
alumnos/as (alumnos/as a tempo completo e alumnos/as con dispensa académica).

 Para todos os alumnos/as (estudantes a
tempo completo e estudantes con dispensa académica), será necesario obter un
mínimo de 2 puntos na proba obxectiva (5 puntos) para avaliar o resto de
actividades e poder sumar 5 puntos como mínimo entre proba obxectiva e
actividades para aprobar a materia. Estas condicións son para todas as
convocatorias do curso (1ª, 2ª e anticipada).

 Os alumnos/as con dispensa académica deberán
realizar todas as entregas das actividades da metodoloxía “solución de
problemas” nas datas e horarios establecidos para todos os alumnos/as na
plataforma Moodle ao comezo do curso, aínda que non asistan a clase, para poder
sumar a puntuación obtida nas devanditas actividades á nota da proba obxectiva.
Os alumnos/as con dispensa académica deberán realizar
obligatoriamente como mínimo o 80% das prácticas de laboratorio.

 Os estudantes (estudantes a tempo
completo e estudantes con dispensa académica) que se presenten ao exame de
segunda oportunidade e/o convocatoria anticipada deberán cumprir os mesmos
criterios especificados para a primeira convocatoria.

 Todos os aspectos relacionados con
“dispensa académica”, a “dedicación ao estudo”, a “permanencia” e a “fraude
académica” rexeranse de acordo con a normativa académica vixente da UDC.