Metodoloxías Descrición
Seminario Técnica de traballo que ten como finalidade o estudo intensivo dun tema relevante do sector. O seminario serve como exemplo para visualizar os retos aos que se enfronta o sector da moda e ademais para orientar ao alumnado sobre como pode desenvolver o traballo tutelado. Por iso, previamente exponse por parte do docente un seminario intensivo sobre unha empresa do sector de téxtil e confección. Caracterízase pola discusión, a presentación do documento e as conclusións ás que teñen que chegar todos os compoñentes do seminario.
Traballos tutelados É o traballo tutelado que debe desenvolver o alumnado unha vez se presentase o seminario por parte do docente. O traballo terá unhas cuestións ou apartados fundamentais que son os que deberá ir desenvolvendo o alumnado segundo se vaia desenvolvendo os contidos da materia.

Aconséllase que se traballe semanalmente e se vaia realizando un seguimento dos diferentes apartados de forma gradual segundo avance o docente a explicación dos diferentes contidos.

Hai un apoio por parte do docente. Anímase ao alumnado a que faga o seguimento do traballo semanalmente. Pódese consultar co docente nas horas de titoría.

Estimúlase ao alumnado desenvolver o traballo en grupo, á aprendizaxe colaborativa e a favorecer o intercambio de ideas. Facilitarase por parte do docente o seguimento do mesmo utilizando ferramentas, medios telemáticos e titorías para facilitar o desenvolvemento do traballo. Para aqueles casos nos que haxa condicionantes como a dispensa académica ou algunha circunstancia excepcional se ofrecerán outras alternativas.
Solución de problemas Técnica mediante a que se resolve unha situación problemática concreta. Para a correcta aplicación dos fundamentos explicados na aula exponse problemas que se expoñen como complemento aos fundamentos teóricos ou conceptos explicados en clase.
Proba de resposta múltiple Preguntas tipo test de catro opcións onde unha soa opción é verdadeira. As preguntas mal contestadas penalizan un terzo do valor da pregunta.
Sesión maxistral A clase maxistral supón unha elaboración orixinal e baseada no uso da palabra e o apoio de material de transparencias e outro material de apoio (vídeos, referencias bibliográficas específicas etc.)/ etc.) como vía de transmisión da información á audiencia.