Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Coñecer os fundamentos básicos de xestión dunha empresa téxtil/moda, tanto a nivel estratéxico como operativo e funcional. AI3
Coñecer os aspectos da contorna que inflúen na evolución do mundo da moda e as súas empresas, con especial incidencia no impacto das cuestións económicas e legais. AI5
Desenvolver destrezas para as relacións interpersoais e a interactuación con axentes do contorno e interno (clientes, provedores, medios, colaboradores...). AI15
Coñecer e manexar as ferramentas necesarias para a realización, conceptualización e lanzamento de coleccións. AI16
Coñecer a realidade e os condicionantes sociais que inflúen no mundo da moda, con perspectiva de evolución histórica. AI23
Ser capaz, con base no coñecemento do contorno social, de deseñar e pór en marcha estratexias de márketing eficaces, que consideren especialmente as variables de comunicación e distribución: mensaxes, medios, canles, relación co cliente etc... AP1
Ter unha perspectiva internacional do sector da moda e dominar ferramentas de planificación e xestión das estratexias de internacionalización posibles. AP1
Coñecer o impacto da tecnoloxía nos distintos procesos da industria téxtil. AP1
Coñecer e asumir a perspectiva ética e os valores imprescindibles en que debe descansar o mundo da moda e as súas empresas. AP1
Incorporar criterios de sostibilidade nos procesos de toma de decisión da empresa (e por extensión aos mercados de moda). AP1
Saber implantar programas de responsabilidade social corporativa (nos mercados de moda). AP1
Capacidade para a recollida, selección e análise de fluxos de información, integración destes nos sistemas e procesos de xestión da información da empresa, e aplicación á toma de decisións estratéxicas e operativas, sempre desde unha perspectiva ética. AP1