Metodoloxías Descrición
Estudo de casos Análise e estudo de casos de mercadotecnia e sustentabilidade (pode haber actividade complementaria aos mesmos: conferencias, seminarios, obradoiros, etc.). O alumnado debe reflexionar sobre o contido e elaborar unha análise, que facilite a toma de decisións que serán avaliadas.
Traballos tutelados Traballo en equipo. Traballo final da materia con exposición oral e defensa na clase.
Proba obxectiva Proba individual de opción múltiple. Cada resposta incorrecta diminuirá a nota da proba.
Sesión maxistral Os contidos do programa teórico da materia presentaranse en sesións maxistrais, con carácter xeral coa axuda de medios audiovisuais. As diapositivas estarán a disposición dos alumnos. O profesor supervisará a asistencia á sesión. A asistencia regular é un requisito no procedemento de avaliación.