Metodoloxías
Traballos tutelados
Solución de problemas
Descrición
A atención personalizada descrita desenvolverase fundamentalmente arredor dos traballos tutelados e das actividades propostas de solución de problemas, e concíbese como momentos de traballo persoal co profesorado da materia para a atención e seguimento do traballo realizado por cada un dos grupos de traballo. Ademais, durante o curso o alumnado poderá aproveitar as horas de titoría para aclarar dúbidas e cuestións sobre a materia.

ATENCIÓN Á DIVERSIDADE:
A materia poderá adaptarse ao alumnado que requira a adopción de medidas destinadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionadas coa saúde mental). Se é o caso, deberán dirixirse aos servizos dispoñibles na UDC/no centro: nos prazos oficiais estipulados con anterioridade a cada cuadrimestre, coa Unidade de Atención á Diversidade (ADI) (contacto telefónico na extensión 5620 e a través do correo electrónico adi@udc.gal).