Materias que se recomenda ter cursado previamente
Xestión e Control de Calidade/730554004
Economía Circular/730554007

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Tratamento e Acabados Téxtiles/730554009
Dereito Ambiental para Xestores de Empresas Téxtiles/730554008

Materias que continúan o temario
Prácticas en Empresa/730554020
Traballo Fin de Máster/730554021

Observacións
1.- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia solicitaranse en formato virtual e/ou soporte informático.
2.- Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.
3.- Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais.
4.- Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas…).
5.- Traballaráse para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.
6. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.
7. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.