Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
COMP01 - Extraer, interpretar e procesar información, procedente de diferentes fontes, para o seu emprego no estudo e análise AI1
COMP02 - Elaborar, desenvolver e xestionar proxectos de I+D+I no ámbito da informática industrial e a robótica. AI2
COMP05 - Resolver problemas con iniciativa e tomar decisións, con creatividade e razoamento crítico. AI5
COMP06 - Dominar a expresión e comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. AI6
COMP07 - Integrar na súa profesión o respecto á diversidade e á equidade entre todas as persoas, imprementando unha mirada inclusiva e con perspectiva de xénero. AI7
COMP08 - Valorar o emprendemento como elemento fundamental do impacto da universidade na sociedade e coñecer os recursos ao alcance de persoas emprendedoras. AI8
COMP11 - Capacidade para aplicar técnicas de análise de datos e técnicas intelixentes en robótica e/ou informática industrial. AI11
COMP12 - Capacidade para desenvolver e programar aplicacións complexas, incluíndo multihilo e/ou multiproceso e/ou procesos distribuídos. AI12
COMP13 - Capacidade para uso e desenvolvemento de código e librarías que permitan captar o contorno e realizar visión por computador ou realidade aumentada e actuar sobre el en sistemas robóticos e/ou industriais. AI13
COMP18 - Capacidade para o desenvolvemento de sistemas ciberfísicos, internet das cousas e/ou técnicas superadas en cloud computing. AI18
CON07 - Identificar os principais elementos, arquitecturas e técnicas de control avanzados en sistemas industriais en tempo real mediante programación en linguaxe de alto nivel. AI25
HAB07 - Programar sistemas hardware específicos mediante linguaxe de alto nivel para o control de diversos procesos industriais e robóticos. AI35