Código Competencias / Resultados do título
A1 COMP01 - Extraer, interpretar e procesar información, procedente de diferentes fontes, para o seu emprego no estudo e análise
A2 COMP02 - Elaborar, desenvolver e xestionar proxectos de I+D+I no ámbito da informática industrial e a robótica.
A3 COMP03 - Comunicar e transmitir coñecementos, habilidades e destrezas no ámbito profesional da robótica e a informática industrial.
A6 COMP06 - Dominar a expresión e comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
A7 COMP07 - Integrar na súa profesión o respecto á diversidade e á equidade entre todas as persoas, imprementando unha mirada inclusiva e con perspectiva de xénero.
A8 COMP08 - Valorar o emprendemento como elemento fundamental do impacto da universidade na sociedade e coñecer os recursos ao alcance de persoas emprendedoras.
A9 COMP09 - Planificar e coordinar tarefas en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares ofrecendo propostas que contribúan á eficacia do traballo colaborativo.
A10 COMP10 - Deseñar proxectos e solucións, identificando os retos emerxentes, e aplicalos ás necesidades reais do contorno social e económico.
A11 COMP11 - Capacidade para aplicar técnicas de análise de datos e técnicas intelixentes en robótica e/ou informática industrial.
A13 COMP13 - Capacidade para uso e desenvolvemento de código e librarías que permitan captar o contorno e realizar visión por computador ou realidade aumentada e actuar sobre el en sistemas robóticos e/ou industriais.
A15 COMP15 - Capacidade para definir, deseñar e proxectar sistemas de produción automatizados e control avanzado de procesos.
A26 CON08 - Identificar as estruturas mecánicas básicas e avanzadas coas que se constrúen as distintas morfoloxías robóticas, así como as claves e parámetros do seu comportamento, e os modelos cinemáticos e dinámicos de robots.
A27 CON09 - Identificar os principios de funcionamento dos distintos tipos de sensores e actuadores adaptados aos diferentes contornos de operación, así como as tecnoloxías emerxentes.
A36 HAB08 - Dispoñer dunha visión xeral das diferentes posibilidades e obxectivos de control en robots intelixentes, así como as tecnoloxías básicas e emerxentes que se poden aplicar.