Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral por parte dos profesores da materia do temario teórico
Prácticas a través de TIC Sesións presenciais co ordenador nas que os profesores explicarán o uso e programación das técnicas de robótica móbil vistas na teoría, de modo que os alumnos adquiran as capacidades suficientes para seren usadas autónomamente. Utilizaranse robots reais e/ou simulados
Presentación oral Traballo ou traballos de teoría sobre algún tema proposto polos profesores da materia que deberán ser expostos diante de compañeiros e entregados tamén por escrito
Traballos tutelados Traballos prácticos de programación nos que se implementarán algunhas das técnicas vistas nas clases teóricas sobre entornos de simulación de robots ou robots reais. Estes traballos serán realizados polos alumnos de forma autónoma e o seu avance será tutorizado polos profesores