Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Traballos tutelados A14 A17 A26 A86 Propoñeranse varios traballos prácticos ó longo do curso centrados na resolución de problemas mediante vehículos autónomos. Estes traballos serán desenvolvidos por parte do alumno fora das clases e terán que ser defendidos posteriormente. 60
Presentación oral A23 A52 A68 A86 A presentación oral do traballo/traballos teóricos, a versión escrita dos mesmos e a participación activa nas presentacións dos compañeiros teñen un peso importante na nota final dea materia. 20
Sesión maxistral A23 A52 A68 A86 Durante as sesión maxistrais realizaranse traballos para reforzar a comprensión da parte teórica 10
Prácticas a través de TIC A14 A17 Sesión nas aulas de informática nas que os alumnos reciben formación sobre as ferramentas para utilizar na parte práctica da materia, tales como simuladores, robots reais ou bibliotecas de programación 10
 
Observacións avaliación
Primeira oportunidade:

Dependendo da complexidade das ferramentas a utilizar, a puntuación das prácticas a través de TIC pódese acumular na parte de Traballos Tutelados. Para obter o aprobado na primeira oportunidade deberase superar unha valoración mínima de 50 sumando todas as metodoloxías anteriores, sendo necesario conseguir un mínimo de 35 na suma dos Traballos Tutelados e as Prácticas a través de TIC, e de 15 na suma da Presentación Oral e a Sesión Maxistral.

Segunda oportunidade:

No caso de que o estudante non supere a materia na primeira oportunidade, deberá repetir as actividades que sexan necesarias da/das metodogía/ s que non foron superadas na segundo convocatoria. Como exemplo, se aprobou a parte da Presentación oral + Sesión Maxistral, pero suspendeu os Traballos tutelados, deberá repetir os traballos prácticos necesarios para alcanzar o aprobado, normalmente aquel/aqueles que individualmente non foron aprobados.

Na segunda oportunidade mantéñense os criterios de nota mínima establecidos na primeira convocatoria.

Oportunidade adiantada

Para esta oportunidade mantéñense os mesmos criterios que para a primeira, debendo o estudante concretar uns prazos de entrega cos profesores da materia.

Estudantes con matrícula a tempo parcial ou dispensa académica 

Poderán acumular o 10% da nota correspondente á Sesión Maxistral na presentación oral nas dúas convocatorias. Esta modificación deberá solicitarse aos profesores da materia ao comezo do cuadrimestre. Así mesmo, en caso de non poder realizar a presentación oral co resto do alumnado, deberán concretar unha data alternativa cos profesores en todas as convocatorias.

Todos os aspectos normativos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académico” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC (https://www.udc.es/es/normativa/academica/)