Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Vehículos Autónomos Avanzado | Código | 730556016 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Optativa | 3 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Presentación oral | A53 A69 A87 | A presentación oral do traballo/traballos teóricos, a versión escrita dos mesmos e a participación activa nas presentacións dos compañeiros teñen un peso importante na nota final da materia. | 30 |
Traballos tutelados | A17 A23 A26 A57 A73 A91 | Propoñeranse un ou dous traballos prácticos ao longo do curso centrados na resolución de problemas de robótica submarina e/ou aérea. Estes traballos serán desenvolvidos de forma autónoma por parte do alumno fóra das clases e deberán ser defendidos diante dos profesores. | 60 |
Saídas de campo | A17 A26 | A correcta preparación e participación en de as saídas de campo será valorada polos profesores da materia, e deberá ser explicada nun informe escrito. | 10 |
Observacións avaliación | |||
Primeira oportunidade: Para obter o aprobado na primeira oportunidade deberase superar unha valoración mínima de 50 sumando todas as metodoloxías anteriores, sendo necesario conseguir un mínimo de 35 na suma dos Traballos Tutelados e a Saída de Campo, e de 15 na Presentación Oral. Segunda oportunidade: No caso de que o estudante non supere a materia na primeira oportunidade, deberá repetir as actividades que sexan necesarias da/das metodogía/ s que non foron superadas na segunda convocatoria. Como exemplo, se un alumno aprobou a parte da Presentación oral, pero suspendeu os Traballos tutelados + a Saída de Campo, deberá repetir os traballos prácticos necesarios para alcanzar o aprobado, normalmente aquel/aqueles que individualmente non foron aprobados. Na segunda oportunidade mantéñense os criterios de nota mínima establecidos na primeira convocatoria. Oportunidade adiantada Para esta oportunidade mantéñense os mesmos criterios que para a primeira, debendo o estudante concretar uns prazos de entrega cos profesores da materia. Estudantes con matrícula a tempo parcial ou dispensa académica Poderán acumular o 10% da nota correspondente á Saída de Campo nos traballos tutelados na ambas convocatorias. Esta modificación deberá solicitarse aos profesores da materia ao comezo do cuadrimestre. Así mesmo, en caso de non poder realizar a presentación oral co resto do alumnado, deberán concretar unha data alternativa cos profesores en todas as convocatorias. Todos os aspectos normativos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC (https://www.udc.es/é/normativa/academica/) |