Para o desenvolvemento da parte práctica da materia, é moi
recomendable ter coñecementos básicos previos da linguaxe de programación
Python ou cursar ao mesmo tempo as materias Python para Enxeñeiros que se imparten no máster.

Para
axudar a conseguir unha contorna sustentable e cumprir cos obxectivos do
"Plan de Acción Green Campus Ferrol" a entrega dos traballos
documentais que se realicen nesta materia:

1.
Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático

2.
Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos

3.
De se realizar en papel:

Non se empregarán plásticos.

Realizaranse impresións a dobre cara.

Empregarase papel reciclado.

Evitarase a impresión de borradores.

Facilitarase
a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou
socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e
proveitoso á vida universitaria.

Deberanse
detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións
e medidas para corrixilas.