Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba mixta A1 B1 B2 B3 B5 B7 C1 C4 C5 Probas escritas que son utilizadas para a avaliación da aprendizaxe.
As probas constarán de dúas partes e a nota final será a suma das notas obtidas en cada unha de elas.

1) A avaliación da primeira parte realizarase no periodo de docencia mediante un exame parcial e farase, previsiblemente, en base ós contidos dos temas 1, 2, e 3. Esta parte será eliminatoria (no caso de superala, a nota gardarase para o presente curso ata a 2ª oportunidade) e recuperable.

2) A segunda parte realizarase no periodo usual de exames finais en xaneiro, xunto cunha recuperación para aqueles que non aprobaran a primeira parte no parcial.

No caso de aprobar algunha das dúas partes, ben sexa no parcial ou no exame final de xaneiro, o aprobado conservarase para o presente curso, ata a celebración do exame de 2ª oportunidade.

Para superar a materia é necesario obter como mínimo un 35% da cualificación máxima en cada unha das partes.
80
Solución de problemas A1 B1 B2 B3 B5 B7 C1 C4 C5 Serán propostas dúas probas (traballos tutelados) con exercicios representativos dos bloques temáticos (máximo de 5 puntos cada unha). Ademais, realizarase unha proba específica que suporá a restante cualificación (máximo de 10 puntos). As notas destas probas conservaranse ata a segunda oportunidade, esto é, non serán recuperables. 20
 
Observacións avaliación

O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia ás clases será avaliado nas mesmas condicións que o resto do alumnado, tal e como se explicou anteriormente.

A avaliación na convocatoria adiantada de decembro farase exclusivamente a través dunha proba mixta.

A avaliación na 2ª oportunidade farase seguindo os mesmos criterios que na 1ª oportunidade.

Todos os aspectos normativos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.