Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC A1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C4 Realizarase un control de prácticas na data do exame no que os alumnos terán que resolver problemas con Excel similares aos resoltos en prácticas. 30
Proba mixta A1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C4 Exames sobre os temas da materia. 70
 
Observacións avaliación

Avaliación de primeira oportunidade: calcularase unha nota ponderada de acordo con os pesos indicados nas Metodoloxías. 

Haberá dúas probas: 

Proba Mixta 1: Exame parcial cos primeiros temas da materia con preguntas de test e solución de problemas. Se se supera, esta proba libera a parte correspondente na Proba Mixta 2. Se se falla, pódese recuperar en segunda oportunidade. Valerá o 30% da nota correspondente a Proba mixta.

Proba Mixta 2: Exame final do curso con preguntas de test e resolución de problemas. O temario desta proba serán o resto de temas non incluidos na proba 1. Valerá o 70% da nota correspondente a Proba mixta.

Avaliación de segunda oportunidade: seguiranse os mesmos criterios que para a avaliación de primeira oportunidade, tendo o alumno a posibilidade de recuperar a proba mixta 1, a proba mixta 2 e/ou o control de prácticas.

Convocatoria adiantada e dispensa académica: o exame conterá unha parte adicional correspondente ás Prácticas a través das TIC. A avaliación seguirá os mesmos criterios que para a primeira oportunidade.

Todos os aspectos normativos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraudeacadémica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.