Avaliación
integral
Proba Mixta: Todos os estudantes deben superar unha proba mixta (obxectiva e de
desenvolvemento). Aqueles que obteñan unha cualificación superior a 4 nesta
proba poderán ser avaliados adicionalmente mediante outras actividades como
traballos e prácticas de laboratorio.
Avaliación
doutras actividades
Prácticas de
laboratorio: A asistencia e realización das prácticas
de laboratorio son obrigatorias para aprobar a materia. En caso de ausencia
xustificada, o estudante debe realizar un exame específico de prácticas na
primeira ou segunda oportunidade de avaliación. É necesario aprobar este exame
para optar á aprobación da materia.
Traballo e
exposición: A realización dos traballos e a súa
exposición non son obrigatorios para aprobar a materia. Se non se realizan, a
cualificación asignada será cero.
Oportunidades de
avaliación
Primeira e
segunda oportunidade: as notas globais da primeira e
segunda oportunidades obtéñense como media ponderada das cualificacións da
proba mixta, os traballos e as prácticas, cos pesos que se indican na táboa de
metodoloxías, a condición de que se obtivo na proba mixta unha nota maior ou
igual que 4 (sobre 10). Se non se dese esta condición, o/a estudante será
cualificado/a con a nota que obtivese na proba mixta. Na segunda oportunidade
só pódese realizar a proba mixta; para os traballos e prácticas manteranse as
cualificacións obtidas durante o curso.
Convocatoria
adiantada: para os estudantes que opten pola
convocatoria adiantada, consideraranse as prácticas de laboratorio e a proba
mixta, asignando a esta última un peso do 95% na nota final, mentres que as
prácticas de laboratorio constituirán o 5% restante.
Dispensa
académica
En casos de
dispensa académica autorizada, tanto para a primeira como para a segunda
oportunidade, a cualificación obtida no exame constituirá o 100% da nota final.
Integridade
académica
Todos os aspectos
normativos relacionados con dispensa académica, dedicación ao estudo,
permanencia e fraude académico rexeranse de acordo con a normativa académica
vixente da Universidade da Coruña.