Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba mixta A13 B1 B2 B3 B6 B7 B8 B9 C1 C5 As datas das probas parciais serán as que figuren no calendario da planificación do curso publicado polo centro.
90
Traballos tutelados A13 B1 B2 B3 B6 B7 B8 B9 C1 C5 Cada estudante deberá entregar o seu informe no prazo establecido e asistir ás titorías obrigatorias no calendario establecido. En caso de non cumprir estas condicións o traballo puntuarase como 0.
A entrega realizarase a través da plataforma de teleformación da UDC.
10
 
Observacións avaliación

Quen teña recoñecida a dispensa académica avaliarase en primeira
oportunidade utilizando o mesmo sistema que o resto do alumnado.

Na 2ª oportunidade non será posible a avaliación continua polo que
a cualificación do traballo será a recibida na 1ª oportunidade e a proba mixta
consistirá nunha única proba que se realizará na data establecida para a proba
final no calendario de exames do centro.

Na convocatoria adiantada non existe posibilidade de realizar o
traballo tutelado polo que se realizará unha única proba mixta, na data
establecida pola dirección do centro, que supoñerá o 100% da cualificación.