Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Traballos tutelados B5 B7 B9 Neste apartado contémplase a entrega das prácticas realizadas por computador e os traballos que voluntariamente realicen os alumnos en grupos de 2 ou 3 compoñentes 30
Proba mixta B5 Aqueles alumnos que non realizasen os traballos ou desexen subir nota poderán realizar un exame sobre os contidos da materia.
Dentro do valor da proba obxectiva inclúense os resultados das probas de respuesta múltiple. No caso de que o alumno non realizase as probas de resposta múltiple, terá que realizar unha proba obxetiva para cualificarse.
70
 
Observacións avaliación

Como se indicou, osprocedementos básicos de avaliación son:
- Os cuestionarios dos distintos temas que se irán enchendo durante o curso.
- Os traballos tutelados. Estes contemplan tanto as prácticas que se realizaránen clase como a presentación de diversos traballos relacionados coa materia. A realización destes últimos será voluntaria e realizarase en grupos de 2 ou 3persoas.
Finalmente, quen non superasen a materia coas probas anteriores ou deba acudirá segunda oportunidade deberá realizar unha proba obxectiva sobre os contidosda materia. Conservarase a puntuación acadada polos alumnos durante o curso mediante os traballos voluntarios e a proba obxectiva terá o valor do 100 % dos puntos restantes hasta a nota máxima.

A avaliación na convocatoria adiantada realizarase mediante unha proba obxectiva que terá un valor do 100% da nota.

No caso dos alumnos con dispensa académica a avaliación realizarase do mesmo xeito.

Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica” , “dedicación ao estudo” , “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.