Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba mixta A2 B1 B2 B3 B6 B7 B8 Proba de Evaluación continua o longo do cuatrimestre (30% da cualificación)

Proba final (60% en evaluación continua, 90% noutro caso )

En todas as probas a teoría contribúe o 40% á nota e os problemas un 60%.
90
Prácticas de laboratorio B6 B8 B9 C1 Obrigatorias: Non se permiten faltas non xustificadas 10
 
Observacións avaliación

A proba parcial abranguerá os contidos impartidos antes da data da
proba parcial e correspondentes ao 30% da materia. A nota acadada suporá o 30%
da nota global.

A proba final abranguerá todos os contidos da materia. Supoñerá o
90% da nota global para aqueles alumnos que non se presentasen á proba parcial.
Os alumnos que se presentasen a proba parcial poderán examinarse únicamente da
parte da materia restante, cuxo resultado representará o 60% da nota global.
Alternativamente poderán optar por examinarse das dúas partes se desexasen
subir a nota do exame parcial.

En segunda oportunidade avaliaranse as partes pendentes tendo os
resultados parciais e as prácticas a mesma validez que na primeira
oportunidade.

En convocatoria adiantada avaliaranse todos os contidos da
materia. A proba suporá o 90% da nota global (non se realizará proba parcial).
O 10% restante corresponderá ás prácticas realizadas en convocatorias
anteriores. De non superarse, na seguinte convocatoria elexida avaliaranse as
partes pendentes do mesmo xeito que en segunda oportunidade.

A asistencia ao laboratorio é obrigatoria e a realizar no primeiro
ano de matrícula. A nota de prácticas manterase perante 3 cursos consecutivos.
Non se admiten faltas non xustificadas. O alumno deberá realizar 3 prácticas de
laboratorio, entregar os informes solicitados e facer un exame final
individual.A falta de asistencia as prácticas e entrega do informe
correspondente  suporá a non superación da asignatura.

Non asistir a ningunha das probas establecidas (parcial ou final)
recibirá a cualificación de "Non presentado"

O alumnado con dispensa académica deberá poñelo en coñecemento do
coordinador da asignatura. A avaliación realizarase nos mesmos termos que a do
alumnado a tempo completo. A dispensa académica de exención de asistencia a
clase non será de aplicación nas prácticas de laboratorio, ás que deberán
asistir obrigatoriamente e no horario establecido, así como ao exame final
correspondente.

















En relación coa observación de fraude, copia ou outras
irregularidades durante a avaliación desta materia, aplicarase o prescrito no
artigo 14º das Normas de
Avaliación, Revisión e Reclamación das Cualificacións dos Estudos de Grao e
Mestrado Universitario
da UDC.