Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba mixta A6 B7 Corrección do exame de resposta múltiple, de acordo cos criterios que no seu momento se presenten.
O exame computara un 60% da nota de avaliación da materia.
Esíxese un rendemento mínimo do 40% na súa valoración para poder aprobar a materia.
60
Solución de problemas B5 B7 C2 C4 C6 Proposta e valoración de traballos por parte do alumno/s.
Os casos computaran un 5% da nota final de avaliación da materia;O seu caracter é voluntario.
5
Traballos tutelados B2 B4 B6 B8 C1 C3 C5 Valoración do Traballo do Curso elaborado en grupo.
Como a asignatura esta orientada á práctica, é imprescindible que os alumnos demostren a súa capacidade de análise global, co estudio dun caso específico reai.
A realizacion e exposicion do traballo e obrigatoria, así como as entregas intermedias que formarán parte da nota final.
O traballo computara un 35% da nota de avaliación da materia.
Esíxese un rendemento mínimo do 30% na súa valoración para poder aprobar a materia, a os repetidores do ano anterior non se lles gardará a nota do traballo do ano anterior.
35
 
Observacións avaliación

O “Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia” comunicarán ó inicio do curso asúa situación os profesores da materia, segundo establece a "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de grao na UDC” (Art.3.be 4.5) e as “Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificaciónsdos estudos de grao e mestrado universitario (Art. 3 e 8b).

Todas as oportunidades (primeira, segunda e adiantada) e o alumnado con dispensa académica, serán avaliadas da mesma forma (5% solución de problemas, 35% de traballos tutelados e 60% proba mixta).

Na 2ª oportunidade e adiantada:

  • mantense a nota de solución de problemas,
  • existe a posibilidade de ser avaliado de novo mellorando o traballo realizado durante o último curso ou manter a nota obtida neste punto.
  • realizarase unha proba mixta.

Todos os aspectos
relacionados con“dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraudeacadémica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.” “https://www.udc.es/es/normativa/academica/