Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba mixta B2 B3 Exame 70
Prácticas de laboratorio B8 C6 Realización de prácticas
Elaboración informe
5
Traballos tutelados B3 B7 C2 C4 A amplitude do guión
As fontes consultadas
A exposición oral
25
 
Observacións avaliación

Avaliacións
puntuais e continuas:

Os estudantes
deberán superar unha proba mixta (obxectiva e de desenvolvemento) como parte da
avaliación. Aqueles que obteñan unha cualificación superior a 4 nesta proba
poderán proceder á avaliación mediante outras metodoloxías (traballos,
prácticas de laboratorio etc.).

No caso de que un
estudante non realice algunha das actividades evaluativas programadas, a
cualificación desa actividade específica será transferida á proba mixta,
axustando o seu peso na nota final segundo o establecido na metodoloxía de
avaliación.

Primeira e
segunda oportunidade:

Durante a primeira
oportunidade de avaliación, consideraranse tanto as cualificacións dos
traballos como as das prácticas de laboratorio, sempre que estas últimas
alcancen un mínimo de 4 na proba mixta. As cualificacións obtidas nestas
metodoloxías durante o curso manteranse para a segunda oportunidade, sen
posibilidade de repetir traballos ou prácticas.

Convocatoria
adiantada:

Para os estudantes
que opten pola convocatoria adiantada, consideraranse as prácticas de
laboratorio e a proba mixta, asignando a esta última un peso do 95% na nota
final, mentres que as prácticas de laboratorio constituirán o 5% restante.

Asistencia a
prácticas:

A asistencia ás
prácticas de laboratorio é obrigatoria para aprobar a materia. Os estudantes
que non poidan asistir e presenten un xustificante válido deberán realizar un
exame de recuperación o día do exame da convocatoria de xaneiro ou durante a
segunda oportunidade.

Dispensa
académica:

En casos de
dispensa académica autorizada, tanto para a primeira como para a segunda
oportunidade, a cualificación obtida no exame constituirá o 100% da nota final.

Integridade
académica:

Todos os aspectos
normativos relacionados con dispensa académica, dedicación ao estudo,
permanencia e fraude académico rexeranse de acordo con a normativa académica
vixente da Universidade da Coruña.