Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Actividade presencial na aula, onde se realizará unha exposición dos contidos teóricos da materia, utilizando no seu caso os medios audiovisuais axeitados. O obxectivo é transmitir coñecementos ao alumnado, orientando sobre os conceptos a desenvolver durante o seu tempo de traballo autónomo.
Solución de problemas O profesor explicará sistematicamente os métodos e recursos necesarios para resolver problemas típicos. O alumnado resolverá os problemas propostos polo profesor.
Proba obxectiva Proba de avaliación onde o alumno deberá demostrar o seu grao de aprendizaxe de forma obxectiva. Constará dun número de entre 6 e 12 preguntas, nas que se alternarán problemas e cuestións teóricas.
Prácticas de laboratorio As prácticas de laboratorio serán expositivas e interactivas. Consistirán en aplicacións prácticas dos coñecementos desenvolvidos nas clases maxistrais, que serán realizadas polo alumnado segundo as indicacións do profesor.