Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A23 B2 B7 C1 C4 C5 A realización con aproveitamento das prácticas de laboratorio é indispensable para superar a materia.
O exame de prácticas de laboratorio representarán o 1% da nota final da materia, sempre que o alumno obteña 4,5 ptos. sobre 10 na proba obxectiva, en ningún caso pode servir para compensar notas inferiores a 4,5 ptos, na Proba Mixta.
1
Proba mixta A23 B2 B7 C1 C4 C5 A proba mixta que se realizará ao final do curso, nas correspondentes convocatorias oficiais, onde o alumno deberá demostrar o seu grao de aprendizaxe dunha maneira obxectiva. Constarán de dous partes cun número comprendido entre 10 e 15 preguntas tipo test en cada unha das partes, acompañadas de 6 posibles respostas, onde só unha é a correcta, o alumno deberá xustificar sempre a resposta, sendo esta condición indispensable para que a resposta sexa aceptada como correcta. As respostas incorrectas descontarán 0,17 puntos.
Para superar a materia o alumno deberá obter 4,5 puntos. sobre 10, como mínimo en cada unha das dúas partes de que consta esta proba.
69
Traballos tutelados A23 Trátase de casos prácticos a proposta do profesor, que deberá resolver e explicar mediante unha exposición oral. 30
 
Observacións avaliación

-A materia divídese en 2 partes, ao finalizar a exposición da 1ª parte coincidindo coa metade do período lectivo realizarase unha proba voluntaria, que será eliminatoria, os alumnos que a superen xa non terán que volver examinarse da mesma nas convocatorias da 1ª e 2ª oportunidade do curso onde superaron a 1ª parte.

- Os criterios de avaliación serán os mesmos para a 1ª e 2ª oportunidade e as probas similares.

-Recoméndase a asistencia a clase, sendo obrigatoria nas prácticas de laboratorio.

- A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta prodúcese na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.