Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Química | Código | 730G05004 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Prácticas de laboratorio | A4 B1 B2 B3 B4 B5 B6 C6 | Valorarase a realización dos prelaboratorios, as capacidades e destrezas do alumnado na realización do traballo experimental, a súa capacidade para interpretar os resultados obtidos e a elaboración dos informes de laboratorio. | 5 |
Proba mixta | A4 B1 B2 B5 B6 | Aproximadamente na metade do cuadrimestre, realizarase un primeiro exame parcial (teoría e problemas) eliminatorio correspondente á materia impartida ata ese momento. Ao finalizar o cuadrimestre realizarase un segundo exame parcial (teoría e problemas) para o alumnado que superasen o primeiro parcial e un exame global da materia (teoría e problemas) para o alumnado que non se presentaron ou non aprobasen o primeiro exame parcial. Cada exame constará de dúas partes independentes, sendo necesario obter unha nota mínima en cada unha delas para compensalas: - teoría, puntuación máxima 4 puntos, puntuación mínima para compensar 1,5 puntos. - problemas, puntuación máxima 3 puntos, puntuación mínima para compensar 1 puntos. |
70 |
Solución de problemas | A4 B1 B2 B3 B4 B5 B6 | Realizaranse periódicamente probas curtas en grupo mediano para avaliar a evolución do alumnado. Ditas probas faranse sen previo aviso co obxectivo de que o alumnado leve a materia ao día. | 15 |
Traballos tutelados | A4 B1 B2 B3 B4 B5 B6 C1 C2 C6 | Realización de tres actividades dirixidas. Capacidade do alumnado para resolver situacións problemáticas concretas e participar nas clases. Interese e actitude do alumnado. |
10 |
Observacións avaliación | |||
- É imprescindible que os/as alumnos/as coñezan a formulación química inorgánica: nos exames non se correxirán os exercicios nos que a formulación sexa incorrecta. - Para poder sumar os puntos das distintas actividades á nota do exame, haberá que alcanzar neste un mínimo de 3 puntos. - Para poder ser evaluados, @s alumn@s han de ter feitas como mínimo o 75% das prácticas de laboratorio. - Aquel@s alumn@s que realizasen e superasen as prácticas de laboratorio da materia en cursos anteriores, poderán decidir se as fan novamente ou non. En caso de non repetilas, deberán solicitar a convalidación das mesmas e manteráselles a cualificación obtida no seu momento. - A avaliación no exame de 2ª oportunidade (exame global da materia) realizarase seguindo os mesmos criterios empregados no exame de 1ª oportunidade. Para a avaliación da segunda oportunidade: @s alumn@s que non fixeron os traballos tutelados terán a posibilidade de realizalos; @s alumn@s que non fixeron o 75% das prácticas de laboratorio non terán a posibilidade de facelas ao non ser posible a valoración das capacidades e destrezas do alumnado na realización do traballo experimental, a súa capacidade para interpretar os resultados obtidos e a elaboración dos informes no laboratorio; @s alumn@s que non fixeron as probas curtas non terán a oportunidade de facelas para a 2ª oportunidade ya que éstas están plantexadas para avaliar a evolución do alumnado ao longo do cuatrimestre, facéndose sen previo aviso co obxectivo de que o alumnado leve a materia ao día. - O estudante con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia será avaliado mediante a cualificación obtida no exame final (80%) e a realización de traballos tutorizados (20%).Cada exame constará de dúas partes independentes, sendo necesario obter unha nota mínima en cada unha delas para compensalas: teoría, puntuación máxima 4,6 puntos, puntuación mínima para compensar 1,75 puntos; problemas, puntuación máxima 3,4 puntos, puntuación mínima para compensar 1,2. puntos. Para poder sumar a calificación dos traballos tutorizados á nota do exame, haberá que alcanzar neste un mínimo de 3,5 puntos. - A avaliación no exame da convocatoria adiantada realizarase seguindo os mesmos criterios empregados no exame de 1ª oportunidade. - A cualificación correspondente á realización de traballos tutelados non se mantén dun curso a outro. - A realización fraudulenta das probas ou actividades de evaluación implicará directamente a calificación de suspenso '0’ na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera calificación obtida en todas as actividades de evaluación de cara á convocatoria extraordinaria. |