Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba mixta A2 B3 B5 C4 C4 C5 Coincidindo coas oportunidades oficiais realizarase unha proba obxectiva escrita sobre os contidos da materia

60
Prácticas de laboratorio A2 B2 C6 Metodoloxía que permite que os estudantes aprendan efectivamente a través da realización de actividades de carácter práctico no laboratorio. Valorarase a compresión do traballo de laboratorio. As practicas son obligatorias para aprobala asignatura. 10
Solución de problemas A2 B3 B5 C1 C2 Como parte da evaluación continua plantearanse a o alumnado durante o curso tres probas de solución de problemas. Cada unha estará relacionada con diferentes contidos da materia e puntuará un 10%. Estes problemas serán resoltos individualmente polos/as alumnos/as e avaliados polo/a profesor/a . 30
 
Observacións avaliación
  • A realización das prácticas de laboratorio é obrigatoria. Con todo, os/as alumnos/as que xa estiveran matriculados na asignatura e realizasen as prácticas de laboratorio
    no curso anterior, poderán optar a realizalas novamente ou non
    realizalas, conservando a puntuación do curso anterior.
  • Os criterios de avaliación da segunda oportunidade e da convocatoria adiantada son os seguintes: manterase a puntuación obtida nas prácticas de laboratorio, supoñendo igualmente o 10% da cualificación, manterase tamén a puntuación obtida na solución de problemas, pero supoñendo soamente o 15% da cualificación (é dicir, metade da cualificación que supuña na primeira oportunidade). O 75% restante corresponderá á proba mixta.
  • Os/as alumnos/as con cualificación de "non presentado" son aqueles que non se presentaron á proba mixta.
  • Para os/as alumnos/as con recoñecemento a tempo parcial e dispensa académica con exención de asistencia, a avaliacion consistira na realizacion dunha proba mixta escrita coa cualificacion do 60%, mais valoracion de traballos propostos de solución de problemas con cualificacion do 30%, e máis a realización de prácticas de laboratorio en versión on-line (cuestionarios baseados en vídeos da practicas de laboratorio) coa cualificación do 10%. 
  • Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanecia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.