Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Solución de problemas A1 B2 B3 B5 B6 Ver observacións 10
Proba mixta A1 B2 B3 B5 B6 C7 C4 Probas escritas que son utilizadas para a avaliación da aprendizaxe.
80
Traballos tutelados A1 B2 B3 B5 B6 Consistirá en elaborar un traballo a partir da información facilitada ao alumnado 10
 
Observacións avaliación

A avaliación realizase ao longo do período lectivo e nos períodos oficiais de avaliación. 

Solución de problemas. Técnica mediante a que se resolverá unha situación problemática concreta, a partir dos coñecementos traballados, que pode ter mais de unha posible solución. A cualificación obtida, comprendida entre 0 e 10 puntos, será denominada NPR, manténse durante o curso e non se reevalúa, de ser o caso, para a segunda oportunidade. 

Traballos tutelados. Os contidos deste traballo, anunciaranse nas primeiras semanas do curso; avaliarase durante o período lectivo da materia. A cualificación obtida, comprendida entre 0 e 10 puntos, será denominada NTT, mantense durante o curso e non se reevalúa, de ser o caso, para a segunda oportunidade. 

Proba mixta. As probas constarán de dúas partes e a cualificación final para esta metodoloxía ten en conta as cualificacións obtidas en cada unha delas.

1) A avaliación dunha primeira parte da materia realizarase no período de docencia mediante probas de avaliación continua. Esta parte será eliminatoria (no caso de superala, a nota gardarase para o presente curso ata a 2ª oportunidade) e recuperable. É necesario chegar ao 30% da cualificación total de cada proba de avaliación continua para superar esta parte.

2) A avaliación da segunda parte realizarase no período oficial de avaliación de primeira oportunidade, xunto cunha recuperación das probas de seguimento para aqueles que non superasen a parte de avaliación continua. A cualificación desta parte, se non se supera a materia en primeira oportunidade, conservaráse para o presente curso ata a celebración da avaliación de segunda oportunidade.

Avaliación na segunda oportunidade: Realizaránse probas mixtas para a primeira e para a segunda parte dos contidos da materia. 

O alumnado con dispensa académica para asistir ás clases que non participe na avaliación continua será cualificado mediante unha proba mixta específica que realizará o día fixado no calendario de avaliación (convocatoria adiantada, primeira ou segunda oportunidade).   

Na convocatoria adiantada, o alumnado será cualificado mediante unha proba mixta que abarca todos os contidos da materia.

Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeránse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.