Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Traballos tutelados B3 C4 C5 C6 Elaboración dun traballo tutelado e exposición oral do mesmo


10
Solución de problemas B2 C2 Aprendizaxe colaborativo, Discusión dirixida 20
Prácticas de laboratorio B4 C1 Participación activa no desarrollo das prácticas. Será obligatoria a entrega dun informe de cada unha das prácticas. 5
Proba mixta A17 B2 B3 B4 B6 Examen final de toda a materia dada, teoría e problemas 60
Saídas de campo A17 B2 B3 B4 B6 Valoración e participación da asistencia ás visitas técnicas aplicadas á teoría da asignatura 5
 
Observacións avaliación

A avaliación do alumnado a tempo
completo desta materia farase mediante a avaliación continua e a realización
dun exame final presencial, que só poderá realizar o alumno/a que participa nun
mínimo do 80% das actividades docentes presenciais de asistencia obrigatoria
(sesións de traballos tutelados, solución de problemas e prácticas de
laboratorio).

 Os alumnos/as (estudantes de tempo
completo e estudantes con dispensa académica) que obtiveron un xustificante de
non asistencia ás prácticas de laboratorio, realizarán un exame da/as
práctica/as suspensas o día da proba obxectiva da primeira convocatoria e/o
segunda convocatoria e/o convocatoria anticipada.

 Para aprobar a materia será obrigatorio
entregar un traballo (formato Word) e expoñelo (Power point ou formato similar)
no día establecido polo profesorado, publicado en Moodle ao comezo do curso
para todos os alumnos/as (alumnos/as de tempo completo e alumnos/as con
dispensa académica). A nota do traballo gardarase para todas as convocatorias
do curso (1ª, 2ª e anticipada) e para cursos posteriores para todos os
alumnos/as (alumnos/as a tempo completo e alumnos/as con dispensa académica).

 Para todos os alumnos/as (estudantes a
tempo completo e estudantes con dispensa académica), será necesario obter un
mínimo de 2,5 puntos na proba obxectiva (6 puntos) para avaliar o resto de
actividades e poder sumar 5 puntos como mínimo entre a proba obxectiva e as actividades
para aprobar a materia. Estas condicións son para todas as convocatorias do
curso (1ª, 2ª e anticipada).

 Os alumnos/as con dispensa académica deberán
realizar todas as entregas das actividades da metodoloxía “solución de
problemas” nas datas e horarios establecidos para todos os alumnos/as na
plataforma Moodle ao comezo do curso, aínda que non asistan a clase, para poder
sumar a puntuación obtida nas devanditas actividades á nota da proba obxectiva.
Os alumnos/as con dispensa académica deberán realizar
obligatoriamente como mínimo o 80% das prácticas de laboratorio.

Os estudantes (estudantes a tempo
completo e estudantes con dispensa académica) que se presenten ao exame de
segunda oportunidade e/o convocatoria anticipada deberán cumprir os mesmos
criterios especificados para a primeira convocatoria.

 Implicacións do plaxio: a realización fraudulenta
das probas ou actividades de avaliación implicará directamente o grao de
suspenso "0" na materia na correspondente convocatoria, invalidando
asícalquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación da convocatoria
extraordinaria.

 Todos os aspectos relacionados con
“dispensa académica”, a “dedicación ao estudo”, a “permanencia” e a “fraude
académica” rexeranse de acordo con a normativa académica vixente da UDC.