Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Saídas de campo A20 B6 C5 Como actividades complementarias podense facer visitas a estaleiros, talleres e instalaciones industriais, asistencia a conferencias e seminarios, etc. 5
Proba mixta A29 B2 B3 B4 B6 Integra probas obxectivas e de ensaio dos contidos teóricos e practicos 60
Traballos tutelados A29 B2 B3 B4 Realización e entrega dun traballo ou traballos prácticos propostos na clase e exposición e defensa en público.

Terase en conta:
- Estrutura do traballo
- Calidade da documentación
- Orixinalidade
- Presentación
- Exposición e defensa en publico obligatoria
- Referencias
20
Solución de problemas A29 B2 B3 B4 B6 C4 C5 problemas Técnica mediante a que se ten que resolver unha situación problemática concreta, a partir dos coñecementos que se traballaron, que pode ter máis dunha posible solución. 15
 
Observacións avaliación

Na 1ª oportunidade : A avaliación realizarase en función das Metodoloxías expostas. A cualificación das metodoloxías realizáse con notas sobre 10 e será condición necesaria para superar a avaliación da 1ª oportunidade: non ter ningunha nota inferior a 3,5 en calquera das metodoloxías e das distintas probas de cada metodoloxía. Alén de ter unha asistencia ás actividades presenciais de polo menos o 80%.

A calificación obtérase:

((0,05 * Saídas de campo) + (0,20 * Traballos tutelados) + (0,15* Solución de Problemas)+(0,60 * Proba mixta)) / (Número de notas inferiores a 3,5 + 1)

Na 2º oportunidade o nos Alumnos con Dispensa Académica o nas convocatorias extraordinarias:

Realizarase con dúas probas selectivas que engloban os contidos teóricos e prácticos desenvolvidos na materia: unha proba mixta e unha proba consistente na solución de problemas fundamentada na parte práctica da materia ou nos coñecementos traballados nas prácticas de laboratorio e/ou no Estaleiro. A cualificación dos módulos dos que consta cada proba realizarase con notas sobre 10 e será condición necesaria para superar a avaliación: non ter ningunha nota inferior a 3,5 nas mesmos. A nota final será: 

 ( 0,6 * Proba mixta + 0,4 * Solución Problemas ) / (Número de notas inferiores que 3,5 + 1)

Notas:

  1. Os sistemas de avaliación fundaméntase no establecido na Memoria de verificación.
  2. O tratamento da fraude académica rexerase polo
    regulamento disciplinar do estudantado da Universidade da Coruña (Aprobado polo
    Consello de Goberno do 27/02/2023 ): considérase unha falta grave a fraude
    académica de probas, actividades e traballos de avaliación. Neste último, o
    plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través
    de internet, sen indicación expresa da súa orixe e, se é o caso, o permiso do
    seu autor/a, poderá será considerado fraude académica.