Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba mixta A34 B2 B6 C2 C4 C6 C7 Integra probas obxectivas e/ou solución de problemas prácticos na materia e nos coñecementos traballados nas prácticas de laboratorio. 75
Prácticas de laboratorio A34 C4 C6 C7 Realización de actividades de carácter práctico e de Laboratorio 5
Traballos tutelados A34 B2 B3 B4 B6 Consistente en traballos autónomos do estudantado sobre diferentes contidos tanto teóricos como prácticos (incluidos os referidos as Prácticas de laboratorio) 20
 
Observacións avaliación

Na 1º oportunidade:

A avaliación realizarase en función das Metodoloxías expostas. A cualificación das metodoloxías realizarase con notas sobre 10 e será condición necesaria para superar a avaliación: non ter ningunha nota inferior que 3,5 en calquera das metodoloxías e das distintas probas de cada metodoloxía. Alén de ter unha asistencia ás actividades prácticas de polo menos o 80%. 

Na 2º oportunidad ou nos Alumnos con Dispensa Académica ou nas Convocatorias extraordinarias

Realizarase con dúas probas selectivas: unha proba mixta que engloba dous módulos, teoría e problemas, e unha proba consistente na solución de problemas fundamentada na parte práctica da materia ou nos coñecementos traballados nas prácticas de laboratorio. A cualificación de cada unha dos módulos realizarase con notas sobre 10 e será condición necesaria para superar a avaliación non ter unha nota en calquera dos módulos inferior a 3,5. A nota final será:

(0,35* Módulo Teoría+0,30 Módulo Problema+0,35 Módulo Práctico)/(Número notas inferiores que 3,5 + 1)

Notas:

  1. Os sistemas de evaluación se fundamentan nos establecidos na Memoria de Verificación.
  2. O tratamento da fraude académica rexerase polo
    regulamento disciplinar do estudantado da Universidade da Coruña (Aprobado polo
    Consello de Goberno do 27/02/2023 ): considérase unha falta grave a fraude
    académica de probas, actividades e traballos de avaliación. Neste último, o
    plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través
    de internet, sen indicación expresa da súa orixe e, se é o caso, o permiso do
    seu autor/a, poderá será considerado fraude académica.