Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Traballos tutelados B5 B10 C1 C3 C5 Valorarase a calidade da memoria do Traballo fin de master 70
Presentación oral B5 B10 C3 C5 Valorarase a defensa do traballo fin de master 30
 
Observacións avaliación

En xeral todos os aspectos relacionados con
“dispensa académica”, “dedicación ao estudo” , “permanencia” e “fraude
académico” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente
da UDC
.

No caso de que o/a estudante cometese unha falta na materia (segundo o Regulamento disciplinar do estudantado): o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente, tanto lla comisión da falta prodúcese na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

As situacións especiais das/dos estudantes que con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia ou por outros motivos debidamente xustificados, non poidan cursar a materia de maneira presencial, deben ser comunicadas ao comezo do cuadrimestre e xustificalas adecuadamente. Darase as instrucións oportunas para que o/a estudante siga a materia sen problemas, substituíndo aquelas metodoloxías presenciais por traballos individuais que mesma puntuación.

Os criterios de avaliación serán idénticos nas duas oportunidades da convocatoria (a de Xaneiro e a de Julio) así coma na convocatoria extraordinaria de decembro.